Móstrovos algunhas fotografías de árbores con flor e con froito.
25 abr 2011
Mozart
Wolfgang Amadeus Mozart, cuyo nombre completo era Johannes Chrysostomus Wolfgangus Theophilus Mozart, ( Salzburgo, Austria; 27 de enero de 1756 - Viena Austria; 5 de diciembre de 1791), fue un compositor y pianista austríaco, maestro del Clasicismo, considerado como uno de los músicos más influyentes y destacados de la historia.La obra mozartiana abarca todos los géneros musicales de su época y alcanza más de seiscientas creaciones, en su mayoría reconocidas como obras maestras de la música sinfónica, concertante, de cámara, para piano, operística y coral, logrando una popularidad y difusión universales.
En su niñez más temprana en Salzburgo, Mozart mostró una capacidad prodigiosa en el dominio de instrumentos de teclado y del violín. Con tan solo cinco años ya componía obras musicales y sus interpretaciones eran del aprecio de la aristocracia y realeza europea. A los diecisiete años fue contratado como músico en la corte de Salzburgo, pero su inquietud le llevó a viajar en busca de una mejor posición, siempre componiendo de forma prolífica.
Entre sus óperas más conocidas, destaca Réquiem.
Para saber máis
http://es.wikipedia.org/wiki/Mozart
|
Que me queres, amor? Manuel Rivas
Que me queres, amor? é un libro de 16 relatos curtos, escrito por Manuel Rivas no ano 1995
Contos que o compoñen
- "¿Qué me queres, amor?"
- " A lingua das bolboretas"
- " Un saxo na néboa"
- "A leiteira de Vermeer"
- "Só por aí"
- "Vostedes serán moi felices"
- "Carmiña"
- "O míster & Iron Maiden"
- "O inmenso camposanto da Habana"
- "A moza do pantalón pirata"
- "Conga, conga"
- "As cousas"
- "Debuxos animados"
- "Unha flor branca para os morcegos"
- " A luz de Yoko"
- "A chegada da sabedoría co tempo"
Historia do Día das Letras Galegas
Día das Letras Galegas
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio de 1963, coincidindo co centenario da primeira edición deCantares gallegos, de Rosalía de Castro.
Historia
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Realmente, descoñécese a data real de publicación do libro, pero tomouse ese día pola dedicatoria autógrafa de Rosalía á tamén poetisa Cecilia Böhl de Faber ( Fernán Caballero).
Para conmemorar o primeiro día das letras publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, realizada por Fermín Bouza Brey.
Para saber máis
PDF sobre o Día das Letras Galegas
https://sites.google.com/site/pilarlomart/pdf-1
PDF sobre o Día das Letras Galegas
24 abr 2011
LOIS PEREIRO
Luis Ángel Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e finado na Coruña o 24 de maio de 1996. Foi un escritor e poeta galego.No ano 2011 dedícaselle o Día das Letras Galegas.
Traxectoria
Naceu en Monforte de Lemos, de familia procedente doutro concello lucense. Estudou no colexio dos Escolapios, e comezou a escribir con 15 anos. Tras rematar o COU marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao cristal, regresa a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.Cara a 1981 marcha a vivir á Coruña, onde se une á revista la Naval. Xa de volta en Galicia, entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xabier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel, participando en varias antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborando no mantemento da revista Luzes de Galicia, onde se publicarían en 1997 os oito primeiros capítulos da novela inconclusa Náufragos do Paraíso.
En 1983 e 1987 viaxou xunto con Fernando Saco por Europa. Traballou como tradutor do alemán francés e inglés de dobraxe de cinema, tanto convencional como porno.
Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). No ano 1996, ano da súa morte a mans dunha grave enfermidade, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia, e que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, publicado no nº 27 de Luzes de Galiza.
Recoñecemento
Nos últimos anos, víñase reivindicando a dedicación doDía das Letras Galegas a este poeta monfortino. No marco desa campaña sitúase unha reedición da súa obra poética verquida ao castelán, catalán e éuscaro, xunto cos textos orixinais en lingua galega.Finalmente, o 26 de xuño de 2010 a Real Academia Galega publicou a súa decisión de dedicarlle o Día das Letras Galegas do 2011. A Academia apreciou:
evidentes pegadas expresionistas, referencias á literatura xermánica e certos trazos de contracultura [...] unha imaxe e unha estética que fixeron del un autor de culto. Cartografou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo."
En palabras do escritor e membro da RAG Manuel Rivas:Adicarlle a Lois o Día das Letras 2011 foi unha decisión valente da Academia, porque é un autor de culto, pero en canto se difunda a súa obra será un autor moi popular".
Exemplo da súa lírica
Velaquí un parágrafo dun dos seus poemas, epitafio gravado en pedra na súa tumba en Santa Cristina do Viso ( O Incio):
- "Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria". (Lois Pereiro)
Obra
- Poemas 1981/1991 (1992)
- Poesía última de amor e enfermidade (1995)
- Poemas para unha Loia (1996)
- Náufragos do Paraíso (Novela inconclusa) (1997)
Artigos publicados
- "Dez anos da morte de Lois Pereiro", reportaxe en Vieiros en maio de 2006
- "O Día das Letras do 2011 irá dedicado ao poeta monfortino Lois Pereiro", nova en El Progreso o 26 de xuño de 2010.
- "O Día das Letras do 2011estará adicado ao poeta Lois Pereiro", nova en Vieiros, 26 de xuño de 2010.
- "Todo o que desprezamos na literatura galega poñémolo fronte a Lois Pereiro para que el o ataque"
- Lois Pereiro, a encarnación dunha xeración.
Outras publicacións
- Patiño, A. Lois Pereiro. Radiografía do abismo. Espiral Maior, 2010. ISBN 978-84-92646-43-2
- Pereiro, X.M et alii. Lois Pereiro Fotobiografía sonora. Ouvirmos. 2010. ISBN 974-84-938276-1-8
Máis información
Na Casa da Cultura de Monforte de Lemos podemos ver unha exposición marabillosa sobre Lois Pereiro
Para saber máis
Lois Pereiro en Galipedia
Biografía de Lois Pereiro
http://www.concellodemonforte.com/
Información extraída de wikipedia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


